Lowi recupera a súa tarifa combinada de fibra e móbil máis económica

Vodafone segue apostando forte por Lowi, a súa segunda marca. Aproveitando a inminente celebración do Black Friday, que nos últimos anos tense convertido nunha excusa no noso país para multiplicar as vendas antes de Nadal, recupera unha das súas tarifas converxentes máis económicas, que permite combinar fibra e móbil por pouco máis de 30 euros ao mes.

A tarifa en cuestión ofrece 300 Mbps de fibra e unha liña móbil con chamadas ilimitadas e 20 GB de datos por 31,95 €/mes, un prezo moi razoábel para quen precisa unha velocidade de fibra estándar e se adapta a unha franquía de datos relativamente pequena. Quen contrate durante o período no que esta tarifa estea dispoñíbel, poderá seguir desfrutando da mesma con carácter indefinido.

Outras tarifas de Lowi

Lowi ofrece un total de 3 velocidades de fibra, e tamén diferentes franquías de datos móbiles para as tarifas converxentes fibra – móbil:

  • Fibra 1 Gbps + móbil (ilimitadas + 75 GB): 42,95 €/mes.
  • Fibra 600 Mbps + móbil (ilimitadas + 50 GB): 36,95 €/mes.
  • Fibra 300 Mbps + móbil (ilimitadas + 50 GB): 34,95 €/mes.

Entre as vantaxes desta compañía están o servizo 5G, ademais de chamadas VoWiFi e VoLTE. Tamén acumula os datos non consumidos para o mes seguinte e ofrece prezos especiais para liñas adicionais.

O servizo de fibra ten unha permanencia de 3 meses, que xustifica polo custe de instalación, debendo pagar 120 euros no caso de baixa anticipada. Para o servizo de móbil non existe ningún tipo de permanencia.

Sobre o autor

No Responses

Reply