O2 tamén recupera o seu combinado fibra – móbil máis económico

Seguindo os pasos de Lowi, O2, a segunda marca de Telefónica, tamén recupera o seu combinado de fibra e móbil máis económico no mes do Black Friday, para non quedar atrás da súa competencia. Trátase dunha tarifa que a operadora mantivo como comercializábel durante a campaña de volta ao cole, e que tras ela retirou para novas contratacións, aínda que se mantén para quen a contratou no seu momento.

Este plan ofrece ás usuarias unha conexión de fibra de 300 Mbps simétricos, con teléfono fixo incluído, xunto cunha liña de móbil con chamadas ilimitadas e 35 GB de datos 5G por 35 €/mes, á cal pódense sumar liñas adicionais con 10 GB por 5 €/mes ou con 40 GB por 10 €/mes. Esta tarifa tamén inclúe 500 GB de espazo na nube de maneira gratuíta, que pode empregarse tanto para almacenar fotos como outro tipo de arquivos.

Quen precise máis velocidade de conexión ou unha maior franquía de datos ten dispoñíbel, por 38 €/mes (3 € máis) unha conexión con fibra simétrica de 500 Mbps e móbil con 50 GB; por 42 €/mes (7 € máis) fibra con 500 Mbps e móbil con 100 GB ou por 50 €/mes (15 €/máis) fibra de 1 Gbps e móbil con 200 GB.

Máis info | O2

Sobre o autor

Reply