En 1.994 fundouse o consorcio Airtel – Sistelcom – Reditel, que un ano máis tarde, en 1.995, conseguiría a licenza para ofrecer servizos de telefonía móbil baixo a marca Airtel. Seis anos despois, no 2.001, o grupo británico Vodafone mercou Airtel, creando a filial española Vodafone España, coa marca comercial Vodafone.
O pasado 31 de outubro o fondo de invesión Zegona anunciou a compra de Vodafone España, por 5.000 millóns de euros, e como xa se adiantou nese acordo, o novo propietario podería usar a marca Vodafone por un tempo máximo de 10 anos.
Porén semella que os plans de Zegona son outros, e nesa estratexia a actual segunda marca de Vodafone cobrará protagonismo. Falamos de Lowi. Fundada como OMV en decembro de 2014 para deter a fuga de clientes, Lowi naceu como segunda marca, pero aos poucos foi incrementando a súa popularidade grazas a unha oferta sinxela, relativamente económica e con cobertura Vodafone.
Lowi, de segunda marca a marca principal
De forma escalonada, os novos donos de Vodafone irán dándolle protagonismo a Lowi para covertela na marca principal, do mesmo xeito que tratarán de ofrecer unha oferta agresiva semellante á que está a ter Digi no mercado español, para competir co resto de operadoras que están a captar clientes no sector telco e agrandar a carteira de usuarias.
Isto é o que se desprende de diversos informes facilitados por analistas aos que tivo acceso ADSLZone, na ruta de Zegona de vender a empresa de novo nun prazo duns cinco anos por unha cifra de entre 7.000 e 9.000 millóns, logo dun proceso no que se desfarían dalgúns activos da actual Vodafone, como a súa rede.
Á fronte desta estratexia de transformación estará José Miguel García, ex CEO de Jazztel e de Euskaltel, quen con toda seguridade afrontará un ERE que se prevé irá máis aló dos plans que xa tiña Vodafone para rebaixar o seu plantel en 11.000 persoas.
Zegona é un fondo de investimento