Este mes de novembro está a ser moi activo nas operadoras de telecomunicacións, que se esmeran por ofrecer plans para tratar de coller clientes da competencia. Yoigo, unha das marcas máis relevantes do Grupo MásMóvil, vén de actualizar a súa carteira de tarifas, incluíndo como gran novidade Netflix nalgunhas das tarifas converxentes, para ofrecer un servizo máis completo á súa clientela.
Realmente non se trata dun gran cambio, senón que as tarifas que levan Netflix diferéncianse das que viña tendo até o de agora por incluír un extra de datos nalgúns plans e un prezo lixeiramente superior, pero que aínda así compensa fronte contratar o servizo de streaming por separado.
O plan converxente de fibra e móbil máis económico fica nos 45 €/mes, e inclúe fibra de 500 Mbps con teléfono fixo, e dúas liñas móbiles con 20 GB e chamadas ilimitadas. Se engadimos Netflix (básico con anuncios, o prezo sube até os 48 €/mes, e a franquía das liñas móbiles até o 25 GB.
No extremo contrario, o plan máis completo inclúe fibra de 1 Gbps con fixo, dúas liñas de móbil con datos ilimitados, TV Premium extra, Netflix e 1 ano de Prime por 82 €/mes, aínda que promocionalmente pode desfrutarse de 3 meses por 67 €/mes.
En calquera dos casos, Yoigo ofrece múltiples opcións a combinar velocidades de 500 Mbps ou 1 Gbps, con diferentes franquías de datos (25, 45, infinitos GB), diferentes plans de Netflix ou opcións de televisión, para que calquera usuaria poida facer a súa tarifa ao gusto.