Aberta a inscrición á 9ª edición do Programa para Startups Abanca Innova

Abanca vén de abrir o prazo de inscrición para participar na próxima edición do Programa para Startups Abanca Innova, deseñado para empresas emerxentes con ideas disruptivas nos sectores fintech, insurtech, regtech ou de ciberseguridade.

Até o próximo 17 de decembro, as startups interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da páxina web de Abanca Innova, sempre e cando cumpran a condición de ter un produto no mercado – aínda que sexa nas súas primeiras etapas – así como a equipa con capacidade para levalo adiante.

Primeira fase, en xaneiro

Logo da recepción de candidaturas e análise das mesmas, un comité formado por profesionais de diferentes áreas do banco, seleccionará os proxectos participantes nun primeiro taller, que terá lugar no mes de xaneiro.

A través de diferentes mastersclass e mesas redondas con poñentes do ecosistema do emprendemento, as beneficiarias poderán adquririr coñecementos en xestión, así como en recursos económicos e materiais para poder madurar o proxecto de emprendemento.

O programa tamén ofrece a posibilidade de acceder ás instalacións de Abanca Innova na Coruña, un espazo de coworking onde as startups conviven con profesionais de Abanca e o seu ecosistema de emprendemento. Así mesmo, durante os Startups Days da entidade, estas empresas emerxentes poderán recibir inversión directa de capital.

Wealth Reader e Papernest, seleccionadas na 8ª edición

Logo do comezo da oitava edición, que celebrou o seu primeiro bootcamp no mes de setembro, o equipo de innovación do banco atópase traballando nos pilotos das dúas startups seleccionadas, Weatlh Reader e Papernest.

Wealth Reader desenvolveu unha aplicación que proporciona acceso estandarizado e en tempo real a calquera tipo de activo financieiro de calquera entidade, mentres que Papernest é unha plataforma centralizada na que as usuarias poden centralizar e simplificar a xestión de suscricións e contratos como os da electricidade, Internet, seguros ou telefonía móbil.

Sobre o autor

Reply