Filtrado o procesador exclusivo que terá o Galaxy S24 de Samsung

Unha das características diferenciais da serie Samsung Galaxy S23 deste ano foi a incorporación dun procesador exclusivo, o “Qualcomm Snapdragon 8 Gen 2 for Galaxy“, unha versión única do Snapdragon 8 Gen 2 para o dispositivo estrela de Samsung.

A próxima xeración da serie Galaxy S, cuxo anuncio está previsto para xaneiro de 2024, repetirá a historia, levando no seu interior o procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3 for Galaxy, unha nova versión exclusiva do chip máis potente de Qualcomm, que vén de ser anunciado hai apenas uns días, e que xa usan os Xiaomi 14.

A principal diferenza deste chip exclusivo é a mellora do rendemento, grazas a unha maior velocidade do núcleo principal Cortex-X4, pasando dos 3.3 GHz aos 3.4 GHz. Así mesmo, tamén aposta pola eficiencia, xa que cando este chip principal non estea en uso, reducirase a velocidade dos núcleos A520 e A720 (os A720 moveranse entre os 3.15 GHz e os 2.96 GHz fronte aos 3.2 – 3 GHz da versión estándar, mentres que os do A520 farano a 2.27 Ghz, fronte os 2.3 GHz).

Outra diferenza é a GPU, que será de 1 GHz (a do modelo anterior era de 680 MHz), pensando en sacar partido ás características de intelixencia artificial que se dá por seguro integrará o novo modelo de Samsung.

Fonte | X

Sobre o autor

Reply