Hai un mes, xusto despois de que Google anunciase Android 14, o fabricante chinés vivo deu conta de Funtouch OS 14. Trátase da actualización do sistema operativo que empregan os seus dispositivos, unha versión baseada en Android 14 con personalización.
A personalización de Funtouch OS 14 vai máis aló da estética, xa que o propio fabricante asegura que incorpora novidades na xestión da memoria, grazas ao “Amplificador de memoria”, que mellora o aforro de RAM, engadindo até 600 MB de espazo dispoñíbel aos dispositivos que contan cunha configuración de 8 GB de RAM ou superior. Grazas a isto, as usuarias poden amnter 12 ventás pequenas activas en segundo plano, proporcionando unha multitarefa máis cómoda e flexíbel.
Tamén se engaden novas funcións de seguridade, privacidade e personalización, como a nova “Smart Mirroring”, que permite compartir a a pantalla sen ter que preocuparse das notificacións que aparezan na barra de notificacións revelando accidentalmente información persoal. As ferramentas de edición de vídeo permiten usar filtros para facilitar o proceso creativo, que posteriormente poderá exportarse na calidade orixinal.
Calendario de lanzamento de Funtouch OS 14
Os primeiros en recibir a nova versión de firmaware serán as usuarias do vivo X90 Pro, a mediados de novembro, e posteriormente irá chegando ao resto de modelos dun xeito escalonado, tal e como detallamos a continuación:
Serie X
- Х90 Pro – A partir de mediados de novembro de 2023
- Х80 Pro – A partir de mediados de decembro de 2023
- X80 Lite – A partir de mediados de xaneiro de 2024
- Х60 Pro – A partir de mediados de maio de 2024
Serie V
- V29 – A partir de mediados de xaneiro de 2024
- V29 Lite – A partir de mediados de febreiro de 2024
- V23 – A partir de mediados de abril de 2024
Serie Y
- Y55 – A partir de mediados de maio de 2024
- Y35 – A partir de mediados de xuño de 2024
- Y36 – A partir de mediados de xuño de 2024
- Y22s – A partir de mediados de xullo de 2024