Lowi anuncia novidades nas súas tarifas a partir de mañá, 14 de novembro, que afectan á meirande parte as súas propostas de móbil. No concreto, a actualización supón o incremento da franquía de datos, de entre 10 e 50 GB, sen que isto supoña o incremento da cota mensual.
Logo destes cambios, as catro tarifas móbiles que ofrece Lowi quedan do seguinte xeito:
- 7,95 €/mes: 12 GB + chamadas ilimitadas (sen cambios).
- 9,95 €/mes: 30 GB + chamadas ilimitadas (incrementa 10 GB ao mes).
- 14,95 €/mes: 75 GB + chamadas ilimitadas (incrementa 25 GB ao mes).
- 19,95 €/mes: 150 GB + chamadas ilimitadas (incrementa 50 GB ao mes)
A tarifa de 9,95 €/mes só se pode contratar nesas condicións até o 17 de decembro, aínda que as persoas que o fagan seguirán a desfrutar dos seus beneficios a partir desa data de maneira indefinida. A clientela actual verá actualizada as súas tarifas no seguinte ciclo de facturación, sen ter que facer nada.
A operadora Lowi xa ofrece servizo de 5G a través da rede de Vodafone, incluído de serie en todas as súas tarifas. Ademáis, está chamada a ser a nova marca coa que a actual Vodafone enfoque o seu futuro, tras a compra de Vodafone España por parte do fondo de inversión Zegona, tal e como avanzamos hai uns días.