vivo anunciou recentemente a chegada ao mercado dun novo dispositivo de gama entrada, o vivo Y17s. Trátase dun modelo que destaca por ofrecer unha boa relación calidade – prezo, ao tempo que non renuncia a contar cun deseño moderno e un acabado na parte traseira anti pegadas e con protección ante as raiaduras.
O seu hardware está impulsado por un procesador MediaTek G85 (2 x 2 GHz + 6 x 1,8 GHz), e dispón de 6 GB de RAM (extensíbel noutros 6 GB de maneira virtual aproveitando a memoria interna), así como de 128 GB de almacenaxe, ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 1 TB.

A pantalla, de 6,56 polgadas, é un panel tipo LCD con resolución HD+ (1612 x 720), frecuencia máxima de 90 Hz e un brillo típico de 700 nits, que pode acadar un valor pico máximo de 840 nits. En canto ás cámaras, na parte traseira leva un sensor principal de 50 MP, xunto cun segundo sensor Bokeh de 2 MP para os retratos e outro sensor macro de 2 MP para mellorar o enfocado nos obxectos pequenos situados a unha distancia de até 4 cm do dispositivo.

A súa batería ten unha capacidade de 5.000 mAh eofrece carga de 15 W. Tamén ten protección fronte a auga e pó segundo o estándar IP54, lector de pegadas dixitais lateral, NFC e como sistema operativo leva Funtouch OS 13, baseado en Android 13
Dispoñibilidade e prezo
O vivo Y17s está dispoñíbel en dúas cores, Forest Green (Verde) e Glitter Purple (morado) por 219 €, podéndose mercar na tenda en liña de vivo ou a través de Amazon, MediaMarkt, Worten e Fnac.
Máis info | vivo