Fibra e móbil por 24,95 €/mes: a oferta de Black Friday de finetwork

finetwork rematou o mes de outubro superando o millón de clientes, unha cifra simbólica que semella querer seguir afianzando. A operadora vén de dar a coñecer dúas novas ofertas vencelladas á celebración do Black Friday, polo que só serán contratábeis durante este mes, aínda que os seu prezo continuará de xeito indefinido para as persoas que se apunten a elas.

A cambio de 24,95 €/mes, finetwork ofrece un plan converxente que inclúe fibra simétrica de 300 Mbps e unha liña móbil con chamadas ilimitadas e 10 GB de datos, que pode ser abonda para usuarias que non fagan un uso moi esaxerado do seu móbil.

Ademais, tamén presenta un plan só móbil, que por 9,90 €/mes ofrece chamadas ilimitadas e 24 GB de datos, e rebaixa o prezo de entrada para as liñas adicionais, que pasan a estar dispoñíbeis desde 3,90 €/mes.

Máis información | finetwork

Sobre o autor

No Responses

Reply