Xiaomi vendeu 1,5 millóns de Xiaomi 14 / 14 Pro en 10 días

O pasado 31 de outubro Xiaomi puxo á venda os novos Xiaomi 14 e Xiaomi 14 Pro, os seus actuais dispositivos de referencia. Entre esa data e o 10 de novembro, a compañía foi quen de vender 1,4474 millóns de unidades na China, único país no que actualmente se poden mercar, batendo un novo récord da marca.

Os novos modelos de Xiaomi destacan por incorporar o procesador Snapdragon 8 Gen 3, o chip máis actual dos desenvoltos por Qualcomm, así como pantallas LTPO AMOLED de 6,36 e 6,73 polgadas -para o modelo estándar e o Pro, respectivamente- con taxa de refresco de 120 Hz e un brillo máximo de 3000 nits.

En fotografía, ambos montan unha cámara traseira formada por 3 sensores, sendo o principal do Xiaomi 14 un modelo de 40 MP con f/1.6 e no Xiaomi 14 Pro un sensor tamén de 50 MP pero con focal variábel de f/1.4 a f/4.0. Coinciden ambos en incluír un gran anglar de 50 MP f/2.2 e un telefoto 3,2x de 50 MP con f/2.0.

A batería do modelo estándar fica nos 4510 mAh, con carga rápida de 90 W por cable, mentres que no Pro sube até os 4880 mAh con carga de 120W. Os dous modelos tamén son compatíbeis con carga sen fíos, cunha potencia máxima de 50W.

Sobre o autor

Reply