Desde hai uns meses, as persoas que non teñen acceso a unha rede de fibra poden contratar Internet por satélite cun caudal de 100 Mbps de baixada (5 Mbps de en sentido ascendente) por un prezo regulado de 35 €/mes, no marco do Plan Único, e cuxa dispoñibilidade pode consultarse na web conectate35.es.
A outra gran alternativa para que busca Internet por satélite, e ademáis non quere complicarse, é optar por Starlink de SpaceX, unha das empresas de Elon Musk, que desde o ano pasado pode contratarse no noso país, destacando por ofrecer alta velocidade, baixa latencia e altos niveis de fiabilidade.
Starlink vén de reducir bastante a cota mensual até os 40 €/mes, unha rebaixa significativa desde os 65 €/mes que viña costando ou os 99 €/mes do momento do seu lanzamento. A esa cota hai que sumar, como viña facéndose, a “Tarifa Reguladora” de 9 €/mes, polo custe do aluguer do espectro, polo que en total queda en 49 €/mes.
A diferenza da tarifa regulada do Plan Único, para poder empregar Starlink as usuarias deben mercar un kit autoinstalábel de satélite, que custa 450 € (+23 € de gastos de envío), aínda que tamén se pode adquirir de segunda man.