Unha das principais demandas das usuarias das operadoras de baixo custe é o acceso ás redes 5G. As grandes telcos fixeron deste tipo de conectividade un servizo premium, nun comezo reservado ás usuarias das sús marcas principais, que agora aos poucos van facendo chegar ás segundas e terceiras marcas.
É o caso de Simyo, unha das operadoras do Grupo Orange, e a única que até o de agora non dispuña de servizo 5G, logo de que en febreiro deste 2023 chegase a Jazztel. Porén, a espera para as usuarias desta compañía xa ten data de fin: finais de xaneiro de 2024.
Estes días a empresa está a comunicar á súa clientela vía email a chegada do 5G, co que prometen velocidades que poden acadar 1,6 Gbps de descarga e 200 Mbps en sentido ascendente, iso si, en entornos urbanos e condicións óptimas.
Nos últimso tempos Orange foi dotanto a Simyo de funcionalidades extra, como VoLTE ou VoWiFi. A primeira permite manter unha chamada telefónica ao tempo que funcionan os datos, mentres que co VoWiFI pódense realizar e recibir chamadas vía WiFi cando non hai cobertura móbil ou esta resulta insuficiente en termos de calidade para manter unha conversa.