MediaMarkt Ferrol celebra o seu décimo aniversario con descontos e sorpresas

MediaMarkt celebra hoxe o décimo aniversario da apertura da súa tenda en Parque Ferrol. Con este motivo, nos últimos meses a compañía levou a cabo unha importante remodelación da tenda, que pasa a contar cun deseño e un concepto máis actual, na liña das necesidades detectadas entre a clientela e os novos hábitos de consumo.

O espazo renovado de MediaMarkt Ferrol contará cunha superficie comercial de 2.400 metros cadrados, distribuídos nunha única planta, que acollen máis de 40.000 referencias de produtos e solucións, e que será atendido por 45 profesionais.

Para celebrar este aniversario, o venres 17 de novembro será unha xornada cun desconto especial do 15% para todas as compras realizadas (agás en produtos Apple, consolas e outras campañas vixentes). Ademais, entre as 17 e as 19 horas contará coa visita de Carlos Vicente, Jesús Bernal e Álex López, xogadores do Racing de Ferrol; e co cantante e compositor Lode, que actuará de 20 a 22 horas.

Solucións #BetterWay

O novo MediaMarkt Ferrol súmase tamén ás solucións #BetterWay, destinadas a construír tendas e produtos máis respetuosos coa contorna. Por exemplo, a clientela da tenda atopará produtos coa etiqueta #BetterWay, que garante ou ben unhas condicións de fabricación sostíbeis ou ben que son eficientes desde o punto de vista enerxético e ambiental.

Sumado a isto, a tenda pon á disposición da súa clientela un servizo de reparacións para alongar a vida dos seus trebellos, o servizo Trade In de recompra dos dispostivos (para favorecer a economía circular), colectores de reciclaxe para aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e outras propostas na liña de fomentar o uso de enerxías renov´bais, como as placas solares ou os cargadores para vehículos eléctricos.

Sobre o autor

Reply