finetwork amplía a oferta de Black Friday con propostas converxentes e un smartphone de regalo

Hai uns días finetwork anunciou dúas ofertas e Black Friday destinada a persoas que queren aforrar o máximo nas súas comunicacións, cunha proposta só móbil e outra converxente de fibra e móbil, que se detallan a continuación:

  • Liña móbil con 24 GB e chamadas ilimitadas por 9,90 €/mes.
  • Fibra 300 Mbps simétricos + móbil con 10 GB e ilimitadas por 24,95 €/mes.

A operadora amplía agora estas propostas con dous novos plans converxentes, que ademais inclúen de regalo un Motorola Edge 40:

  • Fibra 300 Mbps + móbil con 55 GB e ilimitadas + móbil de regalo por 39,90 €/mes.
  • Fibra 300 Mbps + 2 liñas móbiles con 25 GB e ilimitadas + móbil de regalo por 44,90 €/mes.

Malia que a súa contratación será promocional, o prezo manterase de maneira indefinida para as persoas que o contraten agora. Ao tempo, hai que ter en conta que estas tarifas converxentes implican unha permanencia de 3 meses.

Motorola Edge 40

O Motorola Edge 40 que regala finetwork é un dispositivo que leva unha pantalla de 6,55 polgadas FullHD+, procesador MediaTek Dimensity 8020 e unha combinación de memorias de 8 + 256 GB. A súa cámara traseira é dobre, formada por un sensor principal de 50 MP e un gran angular de 13 MP, mentres que a frontal é de 32 MP. Tamén dispón de conectividade WiFi 6, 5G, Bluetooth 5.2 e NFC.

Sobre o autor

Reply