O OnePlus 12 xa ten data de presentación

O próximo buque insignia de OnePlus xa ten data de presentación: será o 4 de decembro ás 12.00h cando vexamos, ao fin, o OnePlus 12, un dispositivo do que se foron filtrando diferentes informacións nas últimas semanas, incluíndo o seu deseño e variada das súas especificacións.

A compañía afronta este evento con certa ilusión, xa que cúmprense 10 anos, polo que cabería a posibilidade de termos máis dunha sorpresa durante a cerimonia de presentación, que se poderá seguir en directo por streaming.

Características filtradas

Entre as características que foron saíndo á luz están a presenza do procesador Qualcomm 8 Gen 3, con diferentes opcións de memoria, a máis ambiciosa de 16 GB de de RAM, con cando menos 256 GB de memoria interna.

A súa pantalla será un panel Samsung AMOLED de 6,7 polgadas con resolución 2K e 120 Hz de taxa de refresco, que inclúe sensor de pegadas dixitais baixo o panel. No apartado fotográfico teremos un sensor frontal de 32 MP, e na parte traseira un sistema de lentes cun sensor principal de 50 MP, un angular de 50 MP e un sensor telefoto de 64 MP e zoom óptico 3x.

A batería quedará nos 5.400 mAh, con carga rápida de 100 W mediante cable e de 50 W para carga sen fíos. Como sistema operativo levará OxygenOS 14, baseado en Android 14.

Sobre o autor

No Responses

Reply