Novo procesador MediaTek Dimensity 8300, deseñado para a IA xerativa

Non pasou nin un mes desde que MediaTek anunciou o seu procesador de referencia, o Dimensity 9300, pero o fabricante de chips non deixou de traballar. Hoxe anuncia o Dimensity 8300, un procesador de baixo consumo deseñado para teléfonos intelixentes 5G premium, que combina as capacidades de intelixencia artificial xerativa, baixo aforro de enerxía e unha conectividade rápida.

Baseado no proceso de fabricación de 4 nm de segunda xeración, o Dimensity 8300 ten unha CPU de oito núcleos, con catro núcleos Arm Cortex-A715 e catro núcleos Cortex-A510, construidos sobre a última arquitectura de CPU v9 de Arm. Resulta un 20% máis rápido na CPU e incrementa até un 30% a eficiencia enerxética en comparación coa xeración anterior, ao que hai que sumar que a actualización de GPU Mali-G615 MC6 proporciona até un 60% máis de rendemento e un 55% máis de eficiencia.

Trátase do primeiro SoC de nivel premium que vén con soporte completo de IA xerativa, grazas ao procesador APU 780 AI integrado no chipset, permitindo o soporte a desarrolladores para crear aplicacións que aproveiten os modelos de linguaxe grandes (LLM) de até 10 B, así como a difusión estábel. As súas capacidades de intelixencia artificial permitirán mellorara a experiencia coa fotografía e a captura de vídeos, podendo capturar tomas máis nítidas e claras en 4K60 HDR, e gravar durante máis tempo.

Cabe sinalar que o 8300 admite velocidades ultrarrápidas cun módem 5G estándar 3GPP versión 16 incorporado, que emprega optimizacións de escenario específico para proporcionar unha conectividade mellorada en entornos que teñen conexións máis febles. Estas optimizacións amplifican o rendemento e o alcance en sub-6 GHz, para unha experiencia de conectividade máis confiábel. Tamén admite agregación de portadoras 3CC, permitindo velocidades descendentes de até 5,17 Gbps.

En canto á súa comercialización, está previsto que chegue ao mercado en dispositivos que verán a luz antes de final de ano.

Sobre o autor

Reply