Orange ofrece bonos de datos económicos para viaxar a 49 destinos fóra da UE

Orange vén de anunciar unha nova proposta comercial que revoluciona as tarifas de roaming que desfrutan os seus clientes, unha oferta moito máis competitiva que permite ás usuarias da operadora laranxa desfrutar de conexión a Internet e chamadas a un prezo económico cando se viaxa fóra da Unión Europea.

Desde o 2017 desfrutamos do servizo de roaming gratuíto nos países da Unión Europea e países asociados (Islandia, Noruega e Liechtenstein), mais sacando excepcións como a de Vodafone, que vén ofrecendo o servizo sen custe tamén no Reino Unido e Estados Unidos, o certo é que navegar fóra do Espazo Europeo supón un gran desembolso económico.

Novos Destinos Plus de Orange

Para poñer solución a ese problema, Orange vén de presentar Destinos Plus, unha selección dos 49 países máis visitados polos residentes no Estado español fóra dos xa incluídos no roaming gratuíto da UE, nos que a clientela de Orange pode empregar uns bonos diarios ou semanais para manterse conectada.

  • Roaming diario Destinos Plus. Este bono proporciona 2 GB de datos móbiles por 4 €, aos que opcionalmente poden engadirse 20 minutos de chamadas por 1 €, que poden empregarse durante 24 horas, e que teñen renovación automática. Esta tarifa é a que se aplicará de maneira automática cando un cliente de Orange se desprace a un dos 49 Destinos Plus.
  • Bono Semanal Roaming Destinos Plus. Aquelas persoas que vaian realizar estancias máis longas, poden optar polo Bono Semanal, que ofrece 20 GB de navegación por 25 € durante 7 días. De agotalo, poderá contratar un novo bono semanal ou, de non facer nada, aplicaráselle o bono diario.

A listaxe de Destinos Plus de Orange está formada polos seguintes países: Albania, Andorra, Arabia Saudí, Arxentina, Bielorrusia, Bosnia-Herzegovina, Brasil, Canadá, Chile, China, Colombia, Corea Del Sur, Costa Rica, Ecuador, Egipto, El Salvador, Emiratos Árabes, Estados Unidos, Filipinas, Georgia, Guatemala, Honduras, Hong Kong, India, Indonesia, Israel, Xapón, Xordania, Kenia, Macedonia, Marrocos, México, Moldavia, Mónaco, Montenegro, Nicaragua, Omán, Paraguay, Perú, Puerto Rico, Reino Unido, República Dominicana, Senegal, Serbia, Suiza, Suráfrica, Turquía, Ucrania e Vietnam.

A estes hai que sumar os destinos de roaming na Unión Europea, que non teñen custe adicional. Estes países son Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Chipre, Dinamarca, Estonia, Eslovaquia, Eslovenia, Finlandia (incluídas as Illas Aland), Francia (incluído Martinica, Guadalupe, San Martín, Guyana francesa, Reunión e Mayotte), Xibraltar, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia e Cidade do Vaticano, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal (incluido Madeira e Azores), República Checa, Rumanía y Suecia.

Sobre o autor

No Responses

Reply