50 GB de datos extra e un calendario de advento con premios diarios para celebrar o Nadal con Lowi

Como vén sendo habitual, Lowi celebra o Nadal regalando un bono de datos extra. En concreto, a operadora de baixo custe de Vodafone ofrece á súa clientela 50 GB de datos, un bono que se pode activar desde hoxe até o día 15 de xaneiro na sección LosdeLowi da aplicación “Mi Lowi”, aínda que poderá desfrutarse até o 31 de xaneiro.

Os gigas promocionais son os primeiros que se consumen, e a partir de aí, a clientela da compañía comezará e empregar os datos que teña acumulados do mes anterior, e posteriormente os incluídos na súa tarifa. Ademáis, pódense compartir con outros usuarios da compañía, o que sen dúbida é un plus, especialmente en familias no que os membros fan consumos diversos.

Calendario de advento

Lowi tamén pon en marcha un particular calendario de advento, a través do cal, entre o 1 e o 22 de decembro -agás os sábados e domingos- as actuais e novas clientas da operadora poderán participar en sorteos diarios de regalos, entre os que se inclúen patinetes eléctricos, aspiradoras Dyson, Play Station 5, Cestas de Nadal… entre outros.

Ademais, haberá días nos que en vez dun produto se proporcione unha “lowiestrela”, que será unha participación para o sorteo final do 22 de decembro. Para participar neste sorteo, o cliente deberá acadar 4 estrelas das 7 que se irán entregando neses días.

Para poder acceder a estes sorteos, a clientela de Lowi debe acudir cada día ao apartado LosdeLowi da aplicación Mi Lowi.

Lowipedrea

Por último, tamén desde o apartado LosdeLowi, os clientes de Lowi poderán gañar un mes de factura gratis. Para iso deben seleccionar, entre o 11 e o 21 de decembro, tres díxitos, que se coinciden cos tres últimos do premio gordo da lotería de Nadal, servirán para non pagar a factura dun mes.

Sobre o autor

No Responses

Reply