Xiaomi vén de presentar na China a nova familia de dispositivos Redmi K70, formada por tres modelos (K70, K70 Pro e K70E) que destacan por ter como sistema operativo HyperOS, co que Xiaomi quere estandarizar a experiencia entre todos os seus produtos, ademais de unha folla de especificacións moi interesante, que inclúe o último procesador de Qualcomm nun dos modelos.
Táboa comparativa
Como é habitual cando se anuncia unha familia completa de dispositivos, os tres modelos teñen semellanzas, sobre todo no estético, e tamén diferenzas. Para comparalos, deixámosvos a seguinte táboa comparativa.
Redmi K70E | Redmi K70 | Redmi K70 PRO | |
---|---|---|---|
Pantalla | OLED de 6,67 polgadas. Resolución 1,5K (2.712 x 1.220 píxeles). Brillo máximo de 1.800 nits. Refresco de 120 Hz. | OLED C8 de 6,67 polgadas. Resolución 2K (3.200 x 1.440 píxeles). Brillo máximo de 4.000 nits Refresco de 120 Hz. | OLED C8 de 6,67 polgadas. Resolución 2K (3.200 x 1.440 píxeles). Brillo máximo de 4.000 nits. Refresco de 120. |
Procesador | Dimensity 8300 Ultra | Snapdragon 8 Gen 2 | Snapdragon 8 Gen 3 |
RAM | 12 ou 16 GB | 12 o 16 GB | 12, 16 ou 24 GB |
Memoria interna | 256, 512 GB ou 1 TB | 256, 512 GB ou 1 TB | 256, 512 GB ou 1 TB |
Cámara frontal | 16 Mpx | 16 Mpx | 16 Mpx |
Cámaras traseiras | Principal de 64 MP OIS Gran angular de 8 MP Macro de 2 MP | Principal de 50 MP f/1.6, OIS Gran angular de 8 MP Macro de 2 MP | Principal de 50 MP f/1.6, OIS Gran angular de 12 MP Telefoto de 50 MP2x |
Batería | 5.500 mAh Carga de 90 W | 5.000 mAh Carga de 120 W | 5.000 mAh Carga de 120 W |
Sistema operativo | HyperOS (Android 14) | HyperOS (Android 14) | HyperOS (Android 14) |
Conectividade | 5G, NFC, Bluetooth 5.4 | 5G, NFC, Bluetooth 5.3 | 5G, NFC, Bluetooth 5.4 |
Outros | Lector de pegadas dixitais en pantalla | Lector de pegadas dixitais en pantalla | Lector de pegadas dixitais en pantalla |
Como pode verse na táboa anterior, o Redmi K70 Pro é o modelo máis ambicioso da saga, que inclúe o procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3 (o último modelo de Qualcomm) e unha selección de cámaras máis completa. Na súa configuración máis completa pode acadar os 24 GB de RAM e 1 TB de capacidade, polo que promete ser toda unha referencia.

Moi semellante resulta o Redmi K70, se ben este modelo leva un procesador da xeración anterior para e cambia dous son sensores secundarios das cámaras respecto o K70 Pro. Con todo, segue a ofrecer unhas características moi destacábeis, chegando a ter 16 GB de RAM e 1 TB de capacidade na versión superior.
Algo máis humilde resulta o Redmi K70E, que mantén o tamaño de pantalla, aínda que baixando a súa calidade. Tamén leva un procesador MediaTek algo máis modesto e unha configuración que inclúe un sensor principal diferente.

Dispoñibilidade e prezo
Os tres modelos teñen sido confirmados para China, aínda que se espera que tamén sexan distribuídos na Unión Europea. Con todo, o máis probábel é que cheguen a través de POCO, outra das marcas de Xiaomi, e seguramente esteamos a falar de concretos e non das referencias completas que veñen de ser presentadas.

En calquera caso, os prezos ao cambio dos modelos presentados é o que segue:
- Redmi K70 Pro (12 + 256 GB): 420 €
- Redmi K70 Pro (16 + 256 GB): 460 €
- Redmi K70 Pro (16 + 512 GB): 500 €
- Redmi K70 Pro (24 GB + 1 TB): 560 €
- Redmi K70 (12 + 256 GB): 320 €
- Redmi K70 (16 + 256 GB): 345 €
- Redmi K70 (16 + 512 GB): 380 €
- Redmi K70 (15 GB + 1 tb): 435 €
- Redmi K70e (12 + 256 GB): 255 €
- Redmi K70E (12 + 512 GB): 280 €
- Redmi K70E (16 GB + 1 TB): 330 €