Digi acada un acordo preliminar para quedar cos activos de Orange e MásMóvil tras a súa fusión

Hai un mes adiantamos que Digi sería, con toda probabilidade, a gran beneficiaria da fusión dos Grupos Orange e Másmóvil, a principal candidata a quedar cos activos dos que ambas compañías deberán desprenderse para culminar a súa fusión.

E semella que será así, xa que a compañía ten acadado un acordo preliminar -non vinculante- no que pecha as condicións económicas e a cantidade de activos que se cederían, e que se sitúa en 60 MHz de espectro móbil en bandas medias, segundo adianta o diario Expansión: 2×10 MHz en b3 1800 MHz, 2×10 MHz en b1 2100 MHz e 20 MHz na banda n78 3600 MHz.

A fusión do Grupo Orange co Grupo MásMóvil debe ter o parabén das autoridades europeas, e iso implica que o acordo con Digi tamén será analizado para ver se resulta suficiente para seguir garantindio a competitivdade no mercado, evitando que a compañía resultante da fusión suba os prezos.

Dáse por feito que a rede de Yoigo -ou cando menos boa parte dela- será o principal activo do que se deberá desfacer Orange-Másmóvil, aínda que tamén se fala de que Digi deberá ter acceso prioritario á infraestrutura de Orange e Másmóvil, entre outras cousas, para solventar a necesidade de contar cun acordo de roaming nacional para as súas comunicacións móbiles.

Todo apunta a que será nas primeiras semanas do 2024 cando a Comisión Europea aproba a fusión de ambas compañías, se ben é certo que a intención de ambas operadoras era ter luz verde de Bruxelas antes de rematar este 2023.

Digi supera o millón de portabilidades neste 2023

A operadora Digi acadou este mes de novembro a cifra dun millón de portabilidades (nos once primeiros meses), o que supón un aumento de máis do 27% respecto ao mesmo período do 2022. Só neste mes sumou máis de 98.100 portabilidades en telefonía fixa e móbil, e en total conta xa coa confianza de máis de 4,45 millóns de clientes en telefonía móbil, máis de 1,24 millóns de fibra e máis de 402.000 en telefonía fixa, segundo os últimos datos da compañía.

Entre os fitos que Digi destaca da súa oferta para conseguir estos datos están o lanzamento de Fibra Smart, con 500 Mbps simétricos por 15 €/mes, a ampliación de DIGI Storage, o incremento do número de provincias nos que ofrecen fibra de até 10 Gbps de velocidade ou o lanzamento dunha nova aplicación de cliente, máis visual e intuitiva.

Sobre o autor

Reply