Como vén sendo habitual, varias das operadoras que ofrecen servizos de televisión ofrecen cada mes canles gratuítas para todas as usuarias do servizo de TV, co obxectivo de que se coñezan e, se cadra, animar á clientela a contratala pasado o tempo promocional.
Para este mes de decembro Vodafone decidiu apostar por ofrecer dúas canles destinadas ao público familiar, pensando en que con toda seguridade pasaremos máis tempo na casa, especialmente as crianzas que collen vacacións. Trátase de Disney Junior e EnFamilia.
Disney Junior situarase no dial 22 de Vodafone TV, ofrecendo programas baseados no entretemento e tamén de aprendizaxe. Entre outros contidos, as usuarias atoparán episodios de Bluey, series de Marvel Spidey ou Mickey Mouse Funhouse.
Pola súa banda, EnFamilia poderase atopar no dial 23. Trátase dunha canla de AMC Networks, e a súa programación einclúe películas, series , programas de estilo de vida, documentais e outros contidos destinados a todos os públicos. A canle divide a súa programación en franxas horarias, comezando por contidos infantis, pasando logo a programas de estilo de vida 8cociña, decoración, hábitos saudábeis…), despois documentais e pola noite películas e series.
Máis aló desta promoción , a operadora tamén ofrecerá en aberto unha importante selección de canles de Vodafone TV incluidos nos packs Seriefans, Familyfans, Documentales, Música e Más Cine desde o 21 de decembro até o 8 dde xaneiro con motivo do Nadal. En totall son máis de 30 canles de cine, series, documenntais, infantís e de música que se poden desfrutar tanto o desde o decodificador como desde a app. Estas canles son:
AMC BREAK | Club MTV | Fox | MyZen | Somos |
AMC CRIME | Dark | Canal Historia | NatGeo Wild | SyFy |
AXN | Discovery Channel | MTV 00´s | Nick Junior | Warner TV |
AXN Movies | Disney Jr. | MTV 80s | Nick Music | |
Baby TV | DREAMWORKS | MTV 90s | Nickelodeon | |
¡BUENVIAJE! | Enfamilia | MTV Hits | Odisea | |
Calle 13 | Escapa TV | MTV Live | Slow channel |
As usuarias de Vodafone TV poden desfrutar destes contidos sen ter que activalo, accedendo directamente aos diais indicados desde os seus decodificadores ou aplicacións móbiles.