R amplía a cobertura 5G a 76 novos concellos e a fibra a 278 núcleos máis

Desde o ano pasado R está a ofrecer aos seus clientes unha solución de Internet baseado en 5G, o mambo Axiña, co obxectivo de ofrecer unha alternativa de alta velocidade aos 300.000 inmóbeis que en Galiza, polas dificultades orográficas, non poden ter acceso á rede de fibra óptica.

Co obxectivo de achegar este servizo a máis usuarias, a operadora ampliou nos últimos meses a súa cobertura de alta velocidade móbil 5G a 76 novos concellos, co que xa son 224 os concellos galegos que teñen acceso a este tipo de redes. Isto permite que a clientela de mambo Axiña poida acceder a mellores servizos de conectividade nos seus fogares e empresas, con velocidades de até 150 Mbps.

Máis fibra da man de Rede Aberta

Máis aló da conectividade 5G, R tamén anunciou a chegada dos seus servizos con fibra a 278 novos núcleos, grazas ao convenio de colaboración asinado con Rede Aberta, un operador neutro que está a despregar unha rede ultrarrápida.

O acordo entre ambas empresas permite a 200.000 inmóbeis situados en 278 núcleos distribuídos en 86 concellos galegos acceder ao servizos de alta xeración, con conexións de 1 Gbps e servizos de televisiñon avanzados.

Sobre o autor

Reply