Novos auriculares Redmi Buds Pro 5

Os auriculares Bluetooth teñen experimentado un crecemento expoñencial nos últimos dous anos, e malia que ao comezo eran produtos de prezos elevados, o seu auxe popularizou a chegada de modelos máis económicos, democratizando o acceso a todos os presupostos.

Marcas como Redmi, de Xiaomi, contribuíron nesta causa coa serie Buds, que agora engade un novo membro: os Redmi Buds 5 Pro. Trátase dunha versión mellorada dos Redmi Buds 5, e destaca por admitir o códec LHDC 5.0 para transmisión de audio de alta calidade, ademais de dispor de cancelación activa de ruído até 52 dB e un axuste adaptativo empregando intelixencia artificial (IA). Así mesmo, dispón dun modo transparencia de tres niveis para non desconectar da contorna, ou o contrario: unha experiencia inmersiva grazas ao chamado audio espacial.

O fabricante tamén pon en valor a súa gran autonomía, con 10 horas de reprodución continuada sen cancelación de ruído, ou 6,5 horas se temos esta cancelación activa. En conxunto co estoxo de carga, ofrece un total de 38 horas sen pasar polo enchufe.

Dispoñibilidade e prezo

Os novos Redmi Buds 5 Pro xa se poden mercar na China, onde están dispoñíbeis por uns 50 € en tres cores a elixir: branco, negro ou azul.

Polo de agora non está confirmada a data de comercialización non noso país, aínda que se prevé que cheguen a comezos do 2024.

Sobre o autor

Reply