Digi mellora as tarifas móbiles con máis gigas e un prezo menor

A operadora DIGI vén de incrementar a cantidade de datos incluídos nos seus plans DIGI Ilimitado e DIGI Combo, co obxectivo de que a súa clientela poida desfrutar de mellores condicións. O cambio faise de maneira automática, sen que a clientela actual teña que facer nada para desfrutar das novas condicións.

DIGI Ilimitado e DIGI Combo de 50 GB e 100 GB duplican os datos incluídos, pasando a ter 100 GB e 200 GB, respectivamente, e mantendo o sistema de acumular os datos non gastados para o mes seguinte. Con DIGI Ilimitado os clientes poden navegar e chamar a destinos nacionais de maneira ilimitada, e con DIGI Combo limítanse a 800 ou 2000 os minutos de chamadas, aínda que neste caso a destinos nacionais e internacionais.

Ademais, para as usuarias que só teñen móbil, DIGI Ilimitado e DIGI Combo tamén melloran o seu prezo, que pasa a ser de 13 € (nas tarifas con 100 GB) ou 16 € (nas de 200 GB).

Por outra banda, a tarifa ilimitada en datos e chamadas, DIGI IlimiTodo, pasa a custar 20 € ao mes, o que supón unha redución de 5 € respecto ao que viña custando até o de agora.

Sobre o autor

Reply