Vodafone ofrece un novo produto converxente con Disney+ ou HBO Max por 50 €/mes

Vodafone vén de anunciar unha nova oferta converxente para dinamizar o período de Nadal, que estará dispoñíbel para a súa contratación até o próximo 31 de xaneiro. Trátase dunha oferta que inclúe fibra, móbil, televisión e a subscrición a HBO Max ou Disney+ incluída.

A tarifa ofrece unha conexión de fibra óptica de 300 Mbps simétricos, unha liña móbil con chamadas ilimitadas e 50 GB de datos e un Pack de Vodafone TV, a elixir entre Seriefans (con HBO Max incluído) ou Familyfans (con Disney+ incluído), ademais de 70 canles adicionais. O prezo da oferta é de 50 €/mes para a clientela que elixa o formato sen decodificador, para desfrutalo en Smart TV, móbiles e tablets, PC, Chromecast ou o Amazon Fire Stick. Quen prefira incluír un decodificador de Vodafone TV deberá aboar 3 €/mes máis.

Adicionalmente, até o 9 de xaneiro, a clientela que contrate esta nova tarifa poderá levar tamén un dispositivo Xiaomi gratis, a escoller entre a tablet Xiaomi Redmi Pad SE ou un smartphone Xiaomi Redmi A2 con 3 meses de seguro móbil incluído.

Sobre o autor

Reply