Filtradas varias funcións IA que incluirá o Galaxy S24

O hype ante o inminente lanzamento do Samsung Galaxy S24, previsto para mediados de xaneiro non fai máis ca medrar conforme se vai achegando a data de presentación, do mesmo xeito que tamén aumentan as filtracións relativas ás novidades que integrará o novo modelo gama alta do fabricante surcoreano.

Unha das principais novidades ten que ver coas funcións software que Samsung preparou para One UI 6.1, a versión da súa capa de personalización coa que se porán á venda os novos Galaxy. Esta actualización software incluirá unha boa cantidade de novidades baseadas en intelixencia artificial (IA), das cales vimos de coñecer tres grazas ás filtracións:

A primeira delas é Circle Search, que permite realizar unha busca automática facendo o xesto dun círculo na pantalla do que a IA vexa na pantalla. Por exemplo, se o aplicamos a unha fotografía, podería ser relacionado con algo que apareza na imaxe.

Por outra banda temos a gravación de voz en reunións, que empregando a IA é capaz de identificar 10 voces diferentes, ademais de transcribir o audio, traducilo e realizar un resumo, o que sen dúbida supón u importante avance en produtividade.

Por último, cando menos o modelo Galaxy S24 Ultra, One UI 6.1 ofrecerá as posibilidades de redacción de textos ao estilo de ChatGPT ou Bard, o que permitirá ao dispositivo de Samsung escribir textos seguindo unhas pautas previamente fixadas sobre o tema que nos interese.

Estas són só algunhas das novidades software que ofrecerá a serie Galaxy S24, nas que tamén hai grandes espectativas para o tratamento de fotografías e vídeo. Por sorte, a espera para coñecelas non será moi longa.

Sobre o autor

Reply