Samsung anunciou esta semana o lanzamento da súa gama de PC máis intelixente: a Galaxy Book4 Ultra, Book4 Pro e Book4 Pro 360. Trátase da última serie do fabricante surcoreano, que incorpora un novo procesador intelixente, unha pantalla máis vívida e un novo sistema de seguridade. E todo ilo facendo gala da Intelixencia Artificial (IA), para ofrecer novas posibilidades de produtividade, mobilidade e conectividade.
A serie Galaxy Book4 conta cun procesador Intel Core Ultra 9, que combina unha unidade central de procesamento (CPU) máis rápida, unha unidade de procesamento gráfico (GPU) de maior rendemento e unha unidade de procesamento neuronal (NPU) recén engadida nun unico paquete. Xunto co novo programa Intel AI PC Acceleration, que inclúe a máis de 1” proveedores de software independentes (ISV), o novo procesador permite novas capacidades de IA, e axuda a impulsar a produtividade.
Ademais, a GPU NVIDIA GeForce RTX 4073 leva a experiencia de usuario a un nivel superior, permitindo traballar con ferramentas de creación rápidas e xenerativas baseadas en IA e respaldadas pola tecnoloxía NVIDIA Studio. Isto permite crear imaxes con texto simple nuns segundos con Stable Diffusion, ou sumerxirse nos xogos con tecnoloxía NVIDIA Deep Learning Super Sampling (DLSS), que crea imaxes de maior calidade para máis de 500 xogos e apps populares con Ray Tracing.
Dispón dun sistema de refrixeración que inclúe unha cámara de vapor un 11% máis ancha e un ventilador dobre cun deseño de aspas de separación desigual, o que se traduce nunha maior eficiencia enerxética, e polo tanto, en máis tempo de uso cunha soa carga. Ademais, cun adaptador de 140W pódese cargar o 55% da batería en 30 minutos.
En canto á seguridade, todos os modelos dispoñen do chip de seguridade Samsung Knox, que protexe datos críticos do sistema por separado, e a pantalla é un panel Dynamic AMOLED 2X, cun contraste nítido e cores vivos, así como diversas tecnoloxías antirreflexos e Vision Boster para optimizar a visualización en exteriores.
O son vén dado por uns altofalantes Quad de AKG con Dloby Atmos, que ofrecen octavas altas e graves ricos para un son máis claro e nítido. Os micrófonos duais dispoñen de cancelación de ruído bidireccional baseado en IA, capaces de captar a voz durante as videochamadas, mesmo en entornos ruidosos.
A continuación deixamos as especificacións completas dos diferentes modelos.
Galaxy Book4 Ultra (16 polgadas) | |
Dimensión | 355,4 x 250,4 x 16,5mm |
Peso | 1,86 kg |
SO | Windows 11 Home |
Pantalla | Pantalla táctil AMOLED 16 polgadas 16:10, WQXGA+ (2880×1800), 400nits, VRR de 48~120Hz, Volume de cor 120% DCI-P3 |
Procesador | Intel® Core™ Ultra 9 / Core™ Ultra 7 (Edición Intel® Evo™) |
Gráfico | GPU para laptop NVIDIA® GeForce RTX™ 4070 con 8GB GDDR6 GPU para laptop NVIDIA® GeForce RTX™ 4050 con 6GB GDDR6 |
Rede | Wi-Fi 6E, 802.11 ax 2×2, Bluetooth v5.3 |
Cor | Moonstone Gray (Gris Pedra Lunar) |
Memoria | 16GB/32GB/64GB (LPDDR5X) |
Almacenaxe | SSD (PCle) de 512 GB/1TB/2TB, Ranura de expansión |
Cámara | 2M (1080p FHD) |
Micrófono/Altofalante | Micrófonos duais con calidade de estudo / altofalantes Quad de AKG (Woofer Max 5Wx2, Tweeter 2Wx2), Dolby Atmos® |
Teclado | Teclado Pro con teclas numéricas (teclado retroiluminado) |
Batería | 76 Wh (típico) |
Carga | Adaptador USB tipo C de 140 W |
POrto | Thunderbolt™ 4 (2), USB tipo A, porto HDMI 2.1 (admite 8K@60, 5K@120), Micro SD, auricular/micrófono. |
| Galaxy Book4 Pro (14 polgadas) | Galaxy Book4 Pro (16 polgadas) | |
Dimensións | 312,3 x 223,8 x 11,6mm | 355,4 x 250,4 x 12,5mm | |
Peso | 1,23 kg | 1,56 kg | |
SO | Windows 11 Home | ||
Pantalla | Pantalla táctil AMOLED 14 polgadas 16:10, WQXGA+ (2880×1800), 400nits, VRR de 48~120Hz, Volumen de color 120% DCI-P3 | Pantalla táctil AMOLED 16 polgadas 16:10, WQXGA+ (2880×1800), 400nits, VRR de 48~120Hz, Volumen de color 120% DCI-P3 | |
Procesador | Intel® Core™ Ultra 5 / Core™ Ultra 7 (Edición Intel® Evo™) | ||
Gráfico | Gráficos Intel® Arc™ (compartidos) | ||
Rede | Wi-Fi 6E, 802.11 ax 2×2, Bluetooth v5.3 | ||
Cor | Moonstone Gray (Gris Piedra Lunar), Platinum Silver (Plata Platino) | ||
Memoria | 16GB/32GB (LPDDR5X) | ||
Almacenaxe | SSD (PCle) de 256GB/512GB/1TB, Ranura de expansión | ||
Cámara | 2M (1080p FHD) | ||
Micrófono/Altofalante | Micrófonos duaiscon calidade de estudo / altofalantes Quad de AKG(Woofer Max 5Wx2, Tweeter 2Wx2), Dolby Atmos® | ||
Teclado | Teclado Pro (teclado retroiluminado) | Teclado Pro con teclas numéricas (teclado retroiluminado) | |
Batería | 63 Wh (típico) | 76 Wh (típico) | |
Carga | Adaptador USB tipo C de 65W | ||
Puerto | Thunderbolt™ 4 (2), USB tipo A, puerto HDMI 2.1 (admite 8K@60, 5K@120), Micro SD, auricular/micrófono. | ||
Galaxy Book4 Pro 360 (16 polgadas) | |
Dimensión | 355,4 x 252,2 x 12,8mm |
Peso | 1,66 kg |
SO | Windows 11 Home |
Pantalla | Pantalla táctil AMOLED 16 polgadas 16:10, WQXGA+ (2880×1800), 400nits, VRR de 48~120Hz, Volume de cor 120% DCI-P3 |
Procesador | Intel® Core™ Ultra 7/ Core™ Ultra 5 (Edición Intel® Evo™) |
Gráfico | Gráficos Intel® Arc™ (compartidos) |
Rede | Wi-Fi 6E, 802.11 ax 2×2, Bluetooth v5.3 |
Cor | Moonstone Gray (Gris Pedra Lunar), Platinum Silver (Plata Platino) |
Memoria | 16GB/32GB (LPDDR5X) |
Almacenaxe | SSD de(PCIe) 512GB/1TB |
Cámara | 2M (1080p FHD) |
Micrófono/Altofalante | Micrófonos duais con calidade de estudo / altofalantes Quad de AKG (Woofer Max 5Wx2, Tweeter 2Wx2), Dolby Atmos® |
Teclado | Teclado Pro con teclas numéricas (teclado retroiluminado) |
Pen | S Pen (In-box) |
Batería | 76 Wh (típico) |
Carga | Adaptador USB tipo C de 65W |
Puerto | Thunderbolt™ 4 (2), USB tipo A, puerto HDMI 2.1 (admite 8K@60, 5K@120), Micro SD, auricular/micrófono. |
Dispoñibilidade e prezo
Samsung anunciou que a serie Galaxy Book4 estará dispoñíbel progresivamente en diferentes mercados, comezando con Corea en xaneiro de 2024. Imaxinamos, que tal e como chegaron os Book3 ao noso país, o noso será un dos mercados elixidos, mais haberá que esperar aínda unhas semanas para descubrilo.