Nova tarifa converxente de Lowi con fibra 600 Mbps e dúas liñas móbiles por 39,90 €/mes

Lowi, a segunda marca de Vodafone, anunciou hoxe o lanzamento de dunha nova tarifa converxente, que inclúe fibra a 600 Mbps simétricos e dúas liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 30 GB de datos cada unha por 39,90 €/mes, como prezo definitivo.

Este novo plan está dispoñíbel desde hoxe, tanto para a nova clientela como para a actual que queira acollerse a ela, a través de todas as canles de venda de Lowi. Adicionalmente, as persoas que se pasen agora a Lowi terán dispoñíbel o bono de 50 GB gratis por Nadal até o 15 de xaneiro de 2024.

Como todas as tarifas de Lowi, as liñas móbiles poden acumular os datos non consumidos, ou compartilos con outros usuarios de Lowi. Así mesmo, dispoñen de conectividade 5G de maneira automática, sen necesidade de activación. En canto á liña fixa, comercialízase unicamente a fibra, sen servizo de teléfono fixo asociado.

Máis información | Lowi

Sobre o autor

Reply