Seguimo en tempo de filtracións, e hoxe tócalle a Xiaomi, que vén de ver como os seus próximos modelos da serie Redmi, os Redmi Note 13 4G e Redmi Note 13 Pro 4G quedan sen segredos, ao publicarse tanto as fotografías oficiais como a folla de especificacións técnicas.
Ambos modelos son moi semellantes entre si, especialmente no estético,aínda que posúen diferentes procesadores. O modelo estándar vén cun chip Qualcomm Snapdragon 685, mentres que o Pro alberga un MediaTek Helio G99 Ultra, que aínda non foi presentado. Tamén varían as opcións de RAM e memoria interna, ofrecendo o modelo base versións de 6 e 8 GB de RAM con 128 ou 256 GB de memoria, e o modelo Pro 8 ou 12 GB de RAM on 256 ou 512 GB de capacidade.

A continuación detállase a folla de datos completa
| Redmi Note 13 4G | Redmi Note 14 Pro 4G | |
|---|---|---|
| Pantalla | AMOLED 6,67″ Full HD+ 120 Hz Corning Gorilla Glass 3 | AMOLED 6,67″ Full HD+ 120 Hz Corning Gorilla Glass 5 |
| Dimensións e peso | 162,2 x 75,5 x 7,97 mm.188,5 g. | 161,1 x 7,98 x 75 mm.187 g. |
| Procesador | Snapdragon 685 | Helio G99 Ultra |
| RAM | 6 / 8 GB | 8 / 12 GB |
| Almacenaxe interna | 128 / 256 GB | 256 / 512 GB |
| Cámara frontal | 16 MP | 16 MP |
| Cámara traseira | 108 MP f/1.65 zoom 3x OIS 8 MP f/2.2 UGA 2 MP f/2.45 macro | 200 MP f/1.65 zoom 4x OIS 8 MP f/2.2 UGA 2 MP f/2.45 macro |
| Batería | 5.000 mAh Carga 33W | 5.000 mAh Carga rápida 67W |
| Sistema operativo | MIUI 14 | MIUI 14 |
| Conectividade | LTEWi-Fi 5 Bluetooth 5.2 NFC Minijack | LTE Wi-Fi 5 Bluetooth 5.2 NFC Minijack |
| Outros | Lector de pegadas dixitais | Lector de pegads dixitais |
| Prezo | Desde 199 euros | Desde 349 euros |
Desta folla de especificacións destaca a ausencia de conectividade 5G, que se está a converter nun estándar, mesmo en dispositivos de gama media como estes. Polo demais, ambos modelos parecen ofrecer unha boa relación calidade e prezo
Dispoñibilidade e prezo
A falta de presentación oficial, resulta difícil establecer unha data para o seu anuncio oficial ou comercialización, algo que tampouco apunta a filtración. Porén, esta si que adianta os prezos, que serán aproximadamente os seguintes para as diferentes configuracións.
- Redmi Note 13 4G de 6+128 GB: 199 euros.
- Redmi Note 13 4G de 8+256 GB: 249 euros.
- Redmi Note 13 Pro 4G de 8+256 GB: 349 euros.
- Redmi Note 13 Pro 4G de 12+512 GB: 399 euros.
