R estuda a resiliencia da súa rede de fibra con tecnoloxías cuánticas desenolvidas por CINFO

O operador galego R desenvolveu con CINFO -e o seu socio tecnolóxico Kipu Quantum– un proxecto para estudar a resiliencia da súa rede de fibra óptica con algoritmos baseados en computación cuántica, o que permite deseñar un modelo que calibra a robustez da rede troncal de R para reforzar puntos críticos e mellorar a calidade do servizo.

Aplicando a capacidade de cálculo da computación cuántica á rede troncal de fibra óptica de R, examínase a súa robustez e a súa capacidade de reacción e recuperación ou resiliencia ante potencias cortes ou situacións críticas. Con esta información, pódese poñer o foco neses puntos detectados coa tecnoloxía cuántica e adiantarse á resolución de problemas, conseguindo desta maneira un índice máximo de dispoñibilidade da rede e de excelencia do servizo.

Puntos de mellora sobre un caso real

A topoloxía dunha infraestrutura como a rede de fibra de R esixe un estudo polo miúdo da conectividade dos seus nodos e puntos estratéxicos, polo que para CINFO converteuse en caso de uso no que, executando algoritmos ou modelos a través de ordenadores cuánticos, poden detectarse puntos de mellora da rede extraer conclusións para actuar e perfeccionala.

Os computadores cuánticos onde se probaron os algoritmos dispoñen de 180 e 66 cubits (bits cuánticos) respectivamente. A medida que os ordenadores cuánticos adquiran máis capacidade, poderán incorporarse máis variábeis e de maior complexidade ao estudo algorítmico, polo que o percorrido do proxecto de CINFO, xunto con Kipu QUantum, queda aberto a estas melloras máis que predicíbeis da tecnoloxía cuántica.

Agárdase que para o 2025 estes supercomputadores xa sexan quen de procesar o algoritmo para unha rede complexa como a troncal de R, polo que o obxectivo é desenvolver estes algoritmos ao máximo antes de 2025 para que poidan examinar con detalle a rede de fibra de R e de todo o Grupo MASMOVIL a medida que a infraestrutura medra, optimízase e se perfecciona.

Sobre o autor

Reply