Xiaomi e Google Wallet veñen de adquirir un acordo mediante o cal as usuarias poden acceder ao sorteo de 250 smartwatches Xiaomi Watch 2 Pro cada semana. Dese modo, as usuarias que adquiran algún dos teléfonos Xiaomi incluídos na promoción, e activen unha tarxeta na carteira dixital de Google, terán unha participación para os tres sorteos que se realizarán, os días 26 de decembro, 2 e 11 de xaneiro.
Para participar na promoción é necesario mercar un teléfono de gama alta, incluíndo os modelos Xiaomi 13 Pro, Xiaomi 13, Xiaomi 13T Pro, Xiaomi 13T, Redmi Note 12 Pro+ 5G ou Redmi Note 12 Pro 5G, e rexistrar a compra na páxina web da promoción, xunto cun pantallazo de ter engadido unha tarxeta de crédito ou débito a Google Wallet.
A carteira dixital de Google, Wallet, permite ás usuarias levar non só as súas tarxetas bancarias virtualizadas para pagar co teléfono en todos os lugares que admitan pagos con datáfono, senón tamén engadir bonos e tarxetas de fidelización, xunto con entradas de concertos e billetes de transporte, nos servizos admitidos.