DIGI abre na Coruña a primeira tenda en Galiza

A operadora DIGI vén de abrir na Coruña a súa primeira tenda en Galiza. Trátase da quinta que a compañía abre no Estado español, logo das de Valencia, Bilbao, Barcelona e Málaga, e ás que hai que sumar os máis de 4.000 puntos de venda dos que dispón no conxunto do Estado.

Situada no número 74 da rúa Juan Flórez, a nova tenda de DIGI da Coruña conta cun espazo diáfano para favorecer un trato máis personalizado, e estará aberta de luns a venres de 10 a 21 horas, e os sábados de 10 a 14 horas. Nela as usuarias poderán consultar ou contratar os servizos de DIGI, como a Fibra SMART de 500 Mbps por 15 €/mes ou PRO-DIGI, con até 10 Gbps por 25 €/mes, entre outros.

DIGI dispón de delegación propia na Coruña, onde emprega a 375 persoas. No conxunto da provincia dispón de 130 puntos de venda (contando distribuidores e stands en centros comerciais), e só no último ano aumentou o número de clientes de fibra nun 219%. Ademais é un dos patrocinadores do RC Deportivo.

Sobre o autor

No Responses

Reply