As 20 aplicacións máis empregadas no 2023

As aplicacións téñense convertido nunhas ferramentas imprescindíbeis nos nosos smartphones, e as empregamos para todo: desde a comunicación ás redes sociais, pasando pola edición fotográfica, mapas, procesamento de textos, ou banca e compras, entre outras.

Smartme Analytics, plataforma líder na recopilación de datos en tempo real de mercados, consumidores, publicidade e medios, vén de elaborar unha recopilación sobre as apps máis empregadas no Estado español durante o 2023. Os datos do estudo extraéronse grazas á monitorización continua e en tempo real da interacción de máis de 13.000 usuarios representativos da poboación española dixital.

Como era de imaxinar, unha ferramenta de mensaxería está na parte superior do ranking, WhatsApp, liderando a táboa cunha penetración dun 96,3%, mentres que Telegram queda no 50,8%. En canto ás redes sociais, YouTube ten unha penetración do 91,8%, Facebook do 91,3% e Instagram do 75,7%, seguido por TikTok cun 54,3% e X, cun 30,3%.

Gmail é a aplicación de correo electrónico máis empregada, cun 85,3% de penetración, moi lonxe de Outlook, cun 32,40%. Amazon é a preferida para mercar, cun índice do 52,4%, seguida moi de preto por Aliexpress, cun 50,4%. Wallapop queda nun 37,9%, e Shein cun 35,4%.

Spotify, Netflix e Amazon Prime son líderes en entretemento, con porcentaxes de penetración do 33,7%, 23,5% e 16,5%, respectivamente. En canto ás apps de bancos, só dúas se colan nese top 20 do ranking con porcentaxes semellantes: as de Caixabank (24,7%) e BBVA (24,3%).

Sobre o autor

Reply