CMF by Nothing Watch Pro, un interesante smartwach por 69 euros

Nothing, a empresa que fabrica teléfonos e auriculares minimalistas, vén de poñer á venda no noso país o seu modelo de smartwatch, o CMF by Nothing Watch Pro. Trátase dun dispositivo que segue a estela do resto de dispositivos da marca, e que se pode mercar por 69 €.

O reloxo de Nothing está equipado dunha pantalla AMOLED de 1,96 polgadas, con formato cadrado coas esquinas redondeadas. Como é habitual neste tipo de dispositivos, as esferas poden personalizarse a través da aplicación de xestión do reloxo, onde as usuarias poden optar por modelos dinámicos e outras 8 opcións sempre activas.

A súa batería permite unha autonomía de até 13 días no modo estándar, que poden acadar os 45 días co modo de aforro de enerxía activado. Ademais, dispón dunha función de chamadas Bluetooth con redución de ruído mediante Intelixencia Artificial (IA), que ofrece até 18 horas de chamadas sen interrupcións.

Como medidor de actividade, o reloxo fai un seguimento preciso das actividades ao aire libre, e inclúe 110 modos deportivos para afinar os obxectivos de fitness. É resistente á auga (IP68) e dispón de sistema de posicionamento GPS para maior precisión, que emprega até 5 sistemas de posicionamento para mellorar a xeolocalización.

Entre as funcións de saúde, fai seguimento en tempo real do ritmo cardíaco, a saturación do osíxeno en sangue, a actividadde do sono e os niveis de estrés. Ademais, envía recordatorios de hidratación e movemento, e permite establecer obxectivos personalizados para facer seguimento dos progresos.

O CMF by Nothing Watch Pro pódese adquirir en tendas online como Amazon por 69 euros en varias cores, un prezo moi competitivo para un dispositivo tan completo, que ademáis é compatíbel con Android e iOS.

Sobre o autor

Reply