Honor anunciou onte o lanzamento dun novo modelo de smartphone que se incorpora á Magic Series do fabricante, o Honor Magic6 Lite. Trátase dun dispositivo de gama media que ten na pantalla e cámara dous dos seus puntos fortes, sen esquecerse dun hardware e batería optimizados.
A pantalla do novo Magic6 Lite é un panel OLED curvo de 6,78 polgadas, con resolución de 1,5K e gama de cores 100% DCI-P3. Incorpora diversas funcións de protección ocular, como a atenuación PWM a 1920 Hz, baixa luz azul, atenuación dinámica e visualización nocturna circadiana, pensando en persoas que empregan os dispositivos durante moitas horas. Ademais, esta pantalla leva a tecnoloxía ultra-resistente Ultra-Bouce, que ofrece unha especial amortiguación grazas ao uso de novos materiais que aumentan a capacidade de absorción de impactos até 1,2 veces, para aumentar a súa durabilidade.
Dispón dun sistema de triple cámara traseiro, que consta dunha cámara principal de 108 MP, unha gran angular de 5 MP e unha cámara macro de 2 MP. A cámara principal vén cun sensor de 1/1.67 polgadas e apertura f/1.8, ademais de zoom 3X e un motor de captura en movemento. Pola súa banda, o gran angular ofrece un campo de visión de 110º, e a macro ofrece unha lonxitude mínima de enfoque de 4 cm.
No seu interior temos un procesador Qualcomm Snapdragon 6 Gen 1, xunto cunha configuración única de 256 GB de memoria interna e 8 GB de memoria RAM. Como sistema operativo leva MagicOS 7.2, baseado en Android 13, e a súa batería dispón de 5300 mAh de capacidade. O fabricante asegura que esta presenta unha gran durabilidade, mantendo o 80% da súa capacidade tras someterse a 1000 ciclos de carga.
Dispoñibilidade e prezo
O novo Honor Magic5 Lite xa está dispoñíbel no noso país, onde se pode mercar en 3 combinacións de cores: laranxa, verde e negro. O seu prezo oficial é de 399 €.
Como promoción de lanzamento, o fabricante ofrece a través da súa tenda online – https://www.hihonor.com/es/ – unha promoción que inclúe un desconto de 50 €, regalo dos Honor Earbuds X5 e Honor Super Charge, quedando todo o paquete en 349 €.