Lowi recupera o seu combinado máis barato: fibra e móbil por menos de 30 euros

Comeza un 2024 que chega con subas de prezos para as usuarias de Vodafone en relación ao IPC, que oscilan entre 1 e uns 4 euros, dependendo do plan contratado. Porén, a marca de baixo custe da compañía, Lowi, non só mantén sen cambios os prezos senón que ademais recupera o seu combinado de fibra e móbil máis económico.

Con este novo plan, a compañía ofrece unha conexión de fibra a 300 Mbps simétricos cunha liña de móbil con 10 GB acumulábeis por 29,95 € ao mes. Ademais, contratando durante este mes, recíbense 50 GB extra.

Os plans que máis se aproximan a estes son o de fibra 300 Mbps e móbil con 30 GB de Digi por 31 €/mes (aínda que a operadora rumana ten un combinado de fibra 500 Mbps e móbil con 10 GB por 20 €/mes limitado a zonas de cobertura directa de fibra); fibra 300 Mbps e 20 GB de móbil por 31,99 €/mes de Simyo ou a fibra de 500 Mbps e 50 GB de móbil por 38 €/mes de O2.

Lowi ofrece unha conexión de fibra sen servizo de telefonía fixa. En canto ao móbil, ademais de acumular datos, tamén conta con conectividade 5G e VoLTE e unha oferta de liñas adicionais.

Sobre o autor

No Responses

Reply