OnePlus adianta o deseño do OnePlus 12R, o próximo flagship da compañía

O próximo 23 de xaneiro OnePlus fará o anuncio do seu próximo dispositivo de referencia, o OnePlus 12R. Trátase do segundo membro da serie OnePlus 12, e o primeiro dispositivo da serie OnePlus R que se lanzará a nivel mundial.

Adiantándose ás filtracións, o fabricante decidiu facer pública unha imaxe oficial que amosa o seu deseño, que estará dispoñíbel nas cores Cool Blue (azul) e Iron Gray (gris), ao tempo que tamén apunta algunhas características deste.

Tal e como aconteceu co OnePlus 12, o novo OnePlus 12R incorpora o Alert Sllider nunha nova posición, no lateral esquerdo do teléfono, co obxectivo de introducir un novo sistema de antena integrado que mellora o rendemento durante as sesións de xogo.

A serie OnePlus R está centrada no rendemento, e deseñados especialmente para brindar a mellor experiencia ás usuarias que xogan cos seus dispositivos, un enfoque que levou á compañía a recibir diferentes recoñecementos cos modelos anteriores, dentro da gama na que se ubica o dispositivo.

Para descubrir a súa folla de características completa teremos que agardar ao día 23, día no que está prevista a súa presentación oficial.

Sobre o autor

Reply