Guadiana: o proxecto de Telefónica para completar a súa cobertura de fibra onde aínda non chega

Es como o Río Guadiana, que aparece e desaparece. Ou como a rede de Telefónica. A operadora española está executando o Proxecto Guadiana, nome co que se coñece internamente un proxecto no que a súa rede desaparece nalgún tramo -como acontece co citado río- para aparecer máis adiante, e que ten por obxectivo completar a súa pegada de fibra onde aínda non chega de maneira directa.

O 19 de abril de 2024 está marcado en vermello no calendario de Telefónica. Unha data na que a compañía pretende que non haxa clientes empregando ADSL nin telefonía fixa a través do cobre, o que implica que para ese día teña que ter migrado á súa clientela a outras tecnoloxías, principalmente a fibra.

Porén, os retrasos acumulados en moitos despregamentos dificultarán que o 100% das usuarias vexan mudados os seus servizos a fibra, e por iso a compañía está a executar varios plans en paralelo. Un deles consiste en pasar -en moitos casos como solución temporal- parte da carteira de clientes que non teñen cobertura de fibra a outras tecnoloxías, como a radio (baseada en redes móbiles 4G) ou o satélite (cando a cobertura de móbil non é decente). A outra opción é o Proxecto Guadiana.

O Proxecto Guadiana consiste en empregar a rede de terceiros operadores para levar fixo, Internet e TV multicast aos seus clientes, algo impensábel até hai uns anos. Para facelo posíbel, o equipo de enxeñaría da compañía tivo que modificar o firmware do seu router, para conseguir unha integración transparente para as usuarias, e que permite non só ofrecer servizos de fixo e Internet, senón tamén de televisión, de igual maneira que se estivesen conectados directamente á rede de Movistar.

No 2021 Movistar contratou a rede de Adamo para ampliar os seus servizos, e posteriormente, n 2022 ampliáronse as opcións cun acordo asinado con Orange, que tamén dá acceso a fogares despregados por MásMóvil. O último acordo adquirido por Movistar é con Lyntia, un operador neutro que ten despregada rede en varios concellos de Galiza, e do Estado.

Fonte | BandaAncha

Sobre o autor

No Responses

Reply