Lowi -a marca de baixo custe de Vodafone- inicia o ano relanzando unha das súas ofertas estrela para o servizo só fibra. E é que dese hoxe até o 29 de febreiro, a nova clientela da compañía poderá contratar fibra de 1 Gbps por 29,95 €/mes.
Deste modo, a oferta da compañía para o servizo só fibra queda configurado por dúas propostas, unha de 300 Mbps por 24,95 €/mes e outra de 1 Gbps, por 29,95 €/mes. Ambas as dúas poden contratarase a través de todos os puntos de venda da operadora, e aínda que o período de contratación é temporal, a vantaxe do seu prezo permanecerá de maneira indefinida.
Na mesma liña, Lowi tamén vén de rebaixar o prezo de entrada do seu produto fibra + móbil, recuperando a tarifa converxente de 300 Mbps de fibra cunha liña móbil con chamadas ilimitadas e 10 GB de datos por 29,95 €/mes, o que a convirte na proposta converxente máis económica do mercado con conectividade 5G.
Ademais deste produto, a oferta converxente de Lowi complétase con Fibra de 300 Mbps con móbil con 50 GB por 34,95 €/mes, Fibra de 600 Mbps con móbil con 50 GB por 36,95 €/mes, Fibra de 600 Mbps con 2 liñas móbiles con 30 GB cada unha por 39,90 €/mes ou Fibra de 1 Gbps con móbil con 75 GB por 42,95 €/mes.