Novos smartphones Asus ROG Phone 8 e 8 Pro, con até 24 GB de RAM

Os Asus ROG Phone 8 e Asus ROG Phone 8 Pro xa son oficiais. O anuncio destes smartphones -moi enfocados ao público gaming- foi realizado polo fabricante durante a feira tecnolóxica CES de Las Vegas. Ambos dispositivos destacan polo seu hardware, co foco posto na memoria RAM -que chega até os 24 GB na configuración máis completa- e as capacidades baseadas en Intelixencia Artificial (IA).

ROG Phone 8 vs. ROG Phone 8 Pro

Na seguinte táboa poden compararse as especificacións técnicas de ambos os dous modelos.

Asus ROG Phone 8Asus ROG Phone 8 PRO
PantallaSamsung E6 AMOLED de 6,78 polgadas
Resolución FullHD+ de 2.448 x 1.080 píxeles
Taxa de refresco de 165 Hz
Brillo (max) de 2.500 nits
HBM 1.600 nits
Samsung E6 AMOLED de 6,78 polgadas
Resolución FullHD+ de 2.448 x 1.080 píxeles
Taxa de refresco de 165 Hz
Brillo (máx): 2.500 nits
HBM 1.600 nits
Dimensións e peso163,8 x 76,8 x 8,9 mm
225 g
163,8 x 76,8 x 8,9 mm
225 g
ProcesadorSnapdragon 8 Gen 3Snapdragon 8 Gen 3
RAM12 / 16 GB 24 GB
Memoria interna256 / 512 GB1 TB
Cámara frontal32 MP32 MP
Cámara traseiraPrincipal: Sony IMX890 de 50 MP
Gran angular: 13 MP
Teleobxetivo: 32 MP, zoom 3X, OIS
Principal: Sony IMX890 de 50 MP
Gran angular: 13 MP
Teleobxetivo: 32 MP, zoom 3X, OIS
Batería5.500 mAh
Carga de 65 W
Carga sen fíos 15 W
5.500 mAh
Carga de 65 W
Carga sen fíos 15 W
Sistema OperativoAndroid 14 + ROG UI & Zen UIAndroid 14 + ROG UI & Zen UI
Conectividade5G, WiFi 7, Bluetooth 5.3, NFC, jack 3,5 mm5G, WiFi 7, Bluetooth 5.3, NFC, jack 3,5 mm
OutrosIP68, IAIP68, IA
PrezoNon dispoñíbelNon dispoñíbel

Como pode extraerse da táboa comparativa anterior, ambos os dous modelos son en esencia o mesmo, coa única diferenza principal de ter unha capacidade de RAM e de memoria interna superior no modelo “Pro”, acadando os 24 GB de RAM e 1 TB de almacenaxe.

Ambos os dous dispoñen tamén de sistemas de refrixeración avanzados, o que inclúe un condutor de refrixeración potenciada capaz de conducir a calor directamente do procesador á cuberta traseira, así como funcións baseadas en IA, como a busca semántica, cancelación de ruído intelixente e un novo modo de segundo plano.

Dispoñibilidade e prezo

Durante a presentación Asus non desvelou o prezo que acadarán estes modelos no mercado, nin tampouco precisou a data na que estarán dispoñíbeis.

O que si aclarou foi que o modelo base poderase adquirir en dúas cores, gris e negro, mentres que o Pro só vai chegar en negro.

Sobre o autor

Reply