TCL presenta no CES a súa nova gama de produtos

TCL anunciou no marco do CES Las Vegas a súa nova gama de móbiles, tablets e dispositivos conectados, co obxectivo de achegar tecnoloxías avanzadas, como o 5G, a un público masivo. Entre o máis destacado figura a presentación da nova xeración da súa tecnoloxía de pantalla, TCL NXTPAPER 3.0, así como un novo portgolio de tablets e a nova serie de smartphones TCL 50.

Con TCL NXTPAPER 3.0 a compañía pretende favorecer a comodidade visual, protexendo a vista cun sistema de filtrado da luz azul até nun 61%, conservando a nitidez da imaxe, as cores vibrantes, o contraste e o movemento natural. Esta última versión mellora tecnoloxicamente, tanto a nivel hardware como software.

As novas pantallas TCL NXTPAPER 3.0 contan cun filtro polarizador circular (CPL), que simula o percorrido da luz natural: emisión – reflexión – refracción. Segundo apunta TCL, isto crea unha experiencia de visualización moi simular á lectura dun libro con luz natural, recreando a apariencia do papel na pantalla para acadar unha maior comodidade visual.

En canto ao software, introduce novas funcións deseñadas para fomentar hábitos de visualización dixital máis saudábeis, como un asistente para o coidado da vista que pode enviar recordatorios personalizados para potenciar o descanso.

Nova gama de tablets

Entre os novos dispositivos anunciados por TCL están as tablets TCL NXTPAPER 14 Pro e TCL TAB 10 NXTPAPER 5G. A primeira delas está deseñada para usuarias que buscan as funcións máis avanzadas, e destaca por contar cun novo deseño e a interface VersaView 3 en 1 mellorada, que ofrece a comodidade da lectura en papel, cunha estética clásica nunha interface en branco e negro.

Poal súa banda, a TCL TAB 10 NXTPAPER 5G materializa o compromiso de levar o 5G a dispositivos máis asequíbeis, nun modelo de 10 polgadas, o que fai que sexa cómodo para desprazamentos.

Serie TCL 50

En canto aos smartphones, a nova serie TCL 50 é a quinta xeración de smartphones de TCL, e a segura que aposta polas pantallas NXTPAPER. Son un total de 7 modelos que se adaptan a diferentes necesidades, aínda que de momento só se anunciaron cinco, (TCL 50 XL NXTPAPER 5G, TCL 50 XE NXTPAPER 5G, TCL 50 XL 5G, TCL 50 XE 5G E TL 50 LE), que polo de agora van ser comercializados en exclusiva nos Estados Unidos.

O TCL 50 XL 5G incorpora unha pantalla de 6,8 polgadas FHD+ a 120 Hz. Conta con altofalantes duais con son DTS, 8 GB de RAM ampliábeis e tecnoloxía TCL NXTURBO para unha experiencia suave e envolvente. A súa batería é de 5010 mAh.

Pola súa parte, o TCL 50 XE 5G destaca pola súa pantalla de 6,6 polgadas HD+ a 90 Hz e altofalantes duais. Monta unha triple cámara de 50 MP, 8 GB de RAM e batería de 5010 mAh, así como TCL NXTURBO.

Por último, o TCL 50 LE aposta por unha pantalla de 6,6 polgadas HD+ a 90 Hz, altofalantes duais e cámara híbrida de 13 MP. A batería fica nos 4000 mAh, ten 4 GB de RAM e 64 GB de ROM, o que fai que sexa un dos modelos orientados ao público que busca un modelo básico.

Dispoñibilidade no noso país

TCL avanza que agarda anunciar novas incorporacións ao seu portfolio de produtos destinados ao mercado europeo. Tendo en conta que a serie TCL 40 comercialízase no noso país, sería esperábel que tamén chegasen algúns destes novos modelos nas próximas semanas.

Sobre o autor

Reply