Logo de ter sido filtrados o pasado mes de decembro, os OPPO Find X7 e Find X7 Pro veñen de ser anunciados. Trátase dos novos modelos de referencia do fabricante chinés, uns smartphones de gama alta que queren competir con dispositivos como os Xiaomi 14 ou os Galaxy S24 que chegarán a semana que vén.
Entre ambos modelos atopamos moitas similitudes, pero tamén grandes diferencias, que van desde a pantalla ao procesador, pasando pola cámara e a batería. Para coñecelos mellor, deixamos a continuación unha táboa coas especificacións completas de cada un deles.
OPPO Find X7 | OPPO Find X7 Ultra | |
---|---|---|
Pantalla | OLED LTPO curva de 6,78 polgadas Resolución 1.264 x 2.780 píxeles Taxa refresco: 1-120 Hz Brillo até 4.500 nits | OLED LTPO curva de 6,86 polgadas Resolución 1.440 x 3.168 píxeles Taxa refresco: 1-120 Hz Brillo até 4.500 nits |
Procesador | MediaTek Dimensity 9300 | Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3 |
RAM | 12/16 GB | 12/16 GB |
Memoria interna | 256 GB / 512 GB/ 1 TB | 256 GB / 512 GB |
Cámara frontal | 32 MP, f/2.4 | 32 MP, f/2.4 |
Cámara traseira | Principal: 50 MP, f/1.6, OIS Gran angular: 50 MP 119º, f/2.0 Telefoto: 64 MP, f/2.6, OIS, zoom óptico 3x | Principal: 50 MP (1 polgada), f/1.8, OIS Gran angular: 50 MP, 119º, f/2.0. Telefoto periscópico: 50 MP, f/2.6, OIS, zoom óptico 3x Telefoto periscópico: 50 MP, f/4.6, OIS, zoom óptico 6x |
Batería | 5.000 mAh Carga rápida de 80 W por cable | 4.880 mAh Carga rápida de 100 W por cable Carga sen fíos de 50 W Carga reversíbel de 10 W |
Software | ColorOS 14 + Android 14 | ColorOS 14 + Android 14 |
Conectividade | WiFi 7, 5G, Bluetooth 5.4, NFC | WiFi 7, 5G, Bluetooth 5.4, NFC |
Outros | Sensor de pegadas dixitais en pantalla Recoñecemento facial Dobre altofalante estéreo | Sensor de pegadas dixitais en pantalla Recoñecemento facial Dobre altofalante estéreo |
Dimensións e peso | 162,7 x 75,4 x 8,7 mm 206 gramos | 164,3 x 76,2 x 9,5 mm 221 gramos |
Prezo | 510 € (ao cambio) | 775 € (ao cambio) |
Ambos os dous modelos contan con pantallas curvas que destacan polo seu alto nivel de brillo, o que axuda a garantir unha boa experiencia de visualización en entornos moi iluminados, así como unha taxa de refresco variábel entre 1 e 120 Hz. En canto ao rendemento para o modelo estándar apostouse por MediaTek, mentres que para o Ultra elixiuse o chip referencial de Qualcomm.
Destaca tamén o apartado fotográfico, especialmente no modelo Ultra, no que o fabricante implementou un sistema de catro cámaras: un sensor principal de 50 MP dunha polgada, un gran angular de 119º (que comparte co modelo base), e dous telefoto periscópicos, con zoom óptico 3x e 6x respectivamente.
Ambos modelos admiten diversas configuracións de memorias, sendo a versión máis potente do OPPO Find X7 a de 12 GB de RAM con 1 TB de capacidade. Como curiosidade, no modelo X7 Ultra a capacidade de memoria máxima será de 512 GB, iso si, con 16 GB de RAM.
Dispoñibilidade e prezo
Tras a súa presentación, os novos modelos de Oppo póñense á venda na China, aínda que se agarda que cheguen ao mercado internacional a partir de febreiro. Por ter unha referencia, os prezos aos que se poderá adquirir na China son os seguintes ao cambio:
- Find X7 12 + 256 GB: 510 €
- Find X7 16 + 256 GB: 550 €
- Find X7 16 + 512 GB: 590 €
- Find X7 16 GB + 1 TB: 640 €
- Find X7 Ultra 12 + 256 GB: 770 €
- Find X7 Ultra 16 + 256 GB: 830 €
- Find X7 Ultra 16 + 512 GB: 900 €