Vodafone vén de presentar a súa nova proposta comercial dirixida a pequenas e medianas empresas (PEMEs) de entre 10 e 99 empregadas. Trátase de Vodafone Red Infinity Plus, un plan combinado que inclúe telefonía móbil e conectividade fixa, así como servizos de centraliña.
No concreto, o paquete inicial de Vodafone Red Infinity Plus inclúe tarifa móbil ilimitada con máxima velocidade 5G; fibra de 1 Gbps con WiFi 6 e fixo con chamadas ilimitadas a fixos e móbiles; One Net Centraliña Virtual Plus para a xestión de chamadas; roaming en Zona 1 e EEUU; 1500 minutos de chamadas internacionais en Zona 1 e servizo de axente personalizado.
O prezo deste servizo é de 107 €/mes, aínda que como promoción de lanzamento ofrece un desconto do 20%, quedando en 85,60 €/mes durante todo o tempo que dure o contrato. A maiores, esta proposta pode ampliarse con diversas opcións para as liñas adicionais, que tamén se poderán beneficiar dse desconto de lanzamento do 20%:
- Voz e datos ilimitados a máxima velocidade por 13,60 € (no canto de 17 €)
- Voz e datos ilimitados a 10 Mbps por 12 € (en vez de 15 €)
- Voz ilimitada e 5 GB por 10,40 € (en vez de 13 €)
- Voz ilimitada por 6,80 € (en vez de 8,5 €)
- Softphone por 9,60 € (en vez de 12 €)
- Tablet con 5 GB por 5,60 € (en lugar de 7 €)
A nova oferta substitúe ao plan anterior, Vodafone Red Infinity Smart, mellorándoo tanto en prezo como nas condicións, ao ofrecer 1 Gbps de velocidade da fibra -no canto de 600 Mbps- e unha maior franquía nos plans limitados, que pasan de 1 a 5 GB. de capacidade.
Outra das novidades é o servizo softphone, que permite facer e recibir chamadas a través dunha app do ordenador, ao tempo que tamén serve como ferramenta para compartir arquivos, ter reunións en liña, mensaxería instantánea ou control de presenza.