OPPO dá a benvida ao ano con descontos den dous dos seus modelos de entrada, o OPPO A38 e o OPPO A58. Trátase dunha oferta de carácter temporal que permite adquirilos cun 30% de desconto sobre o seu prezo habitual.
Ambos os dous modelos comparten a cámara principal con intelixencia artificial (IA) de 50 MP, así como a cámara retrato de 2 MP. Ademais, integran a tecnoloxía de pixel binning, con catro píxeles que se combinan para formar un máis grande, contribuíndo así a preservar máis detalles, mesmo en escenarios con pouca iluminación.
Así mesmos, os dous dispositivos levan unha batería de 5.000 mAh de capacidade con carga de 33W, que favorece que poidan estar cargados ao 100% en tan só 75 minutos. Coa tecnoloxía All-Day Charging Protection, estes modelos de OPPO tamén aprenden dos hábitos de uso das usuarias para programar a carga e descarga, favorecendo poder empregar o dispositivo en momentos nos que, por exemplo, esquecemos cargalos.

No interior, traballan coa plataforma MediaTek Helio G85, con diferentes configuracións de memorias. Así, o OPPO A38 leva 4 GB de RAM e 128 GB de memoria interna, mentres que o OPPO A58 sube até os 6 GB de RAM, mais mantendo os mesmos 128 de memoria.
Oferta promocional
Durante o período promocional, o OPPO A38 pódese adquirir en dúas cores (Glowing Gold e Glowing Black) por 149 € (no canto dos 209 € habituais), mentres que o OPPO A58 está dispoñíbel en Glowing Black ou Dazzling Green por 159 € (en vez de 219 €).
En ambos os casos, a oferta é de aplicación na web de OPPO.