Starlink ofrece Internet 10 Gbps vía satélite para conectar comunidades

Starlink, a compañía do magnate Elon Musk que ofrece Internet de alta velocidade vía satélite, vén de estrear no servizo de conectividade: Starlink Community Gateways. Trátase do sistema de conexión vía satélite comercial máis rápido do mundo, e que xa ten operativo nunha illa de Alaska.

O obxectivo deste novo servizo non é conectar clientes particulares, aos que xa ofrece conexións no noso país cunha velocidade media de 130 Mbps (oscila entre os 50 e os 200 Mbps dependendo da ubicación), senón comunidades ou aldeas enteiras. Starlink Community Gateways ofrece unha velocidade de 10 Gbps cunha latencia por baixo dos 99 ms.

A idea é que estas comunidades instalen a súa propia estación terrestre, desde a cal se distribuirá o servizo a todos os puntos que sexa necesario conectar (vivendas, empresas…) a través dunha rede de fibra óptica local. Deste xeito conséguese levar Internet de alta velocidade a puntos remotos de todo o mundo, grazas á rede de satélites de Starlink.

A compañía sinala que estas estacións terrestres son semellantes ás que ten SpaceX distribuídas en diferentes lugares do planeta para conectar os seus satélites coa rede, e consisten nunha liña de antenas cubertas cunha cúpula e unha centraliña de control.

Prezo de Starlink Community Gateways

O servizo de Starlink Community Gateways non é económico. Precisa dun investimento inicial de 1.250.000 dólares (1.146.000 €) e unha cota mensual de 75.000 dólares (68.800 €) ao mes cor cada Gbps de velocidade contratado.

Polo tanto, os seus clientes potenciais son, ademais de empresas de gran envergadura ou administracións que puideran ter necesidades de conexión en ubicacións remotas, operadoras que queiran ofrecer servizos de conectividade nestes mesmos lugares.

Máis información | Starlink

Sobre o autor

Reply