Filtradas as datas aproximadas de presentación dos novos Nothing Phone

O pasado mes de decembro demos conta dunha breve filtración do Nothing Phone (2a), que nos ofreceu a primeira imaxe do mesmo -aínda que cunha calidade bastante baixa- xunto con varias das súas especificacións técnicas.

Este modelo confiará en Samsung para varios dos seus compoñentes, como a pantalla (un panel AMOLED de 6,7 polgadas con resolución FHD+ e taxa de refresco de 120 HZ) ou o sistema de cámara traseiro, formado por un sensor principal de 50 MP (Samsung S5KGN9) e un sensor ultra gran angular tamén de 50 MP (Samsung S5NJN1). A cámara dianteira será o modelo Sony IMX615, de 32 MP.

Nunha nova filtración aparece tamén o que será o buque insignia da compañía neste 2024, o Nothing Phone (3), aínda que de momento sen información sobre a súa folla de especificacións.

O que si aparece nesta filtración son as datas aproximadas de presentación de ambos modelos. O Nothing Phone (2a) está previsto que vexa a luz en poucas semanas, ao longo deste primeiro trimestre do ano, mentres que o Nothing Phone (3) chegará no mes de xullo.

Sobre o autor

Reply