Vodafone, Xiaomi e Qualcomm proban con éxito un piloto para incrementar a velocidade de subida en 5G

As empresas Vodafone, Xiaomi e Qualcomm veñen de probar con éxito unha nova tecnoloxía 5G orientada a que as usuarias poidan desfrutar de velocidades de suba superiores, na liña das capacidades dos smartphones e dispositivos que se están anunciando neste 2024.

A primeira proba técnica a nivel europeo desta tecnoloxía, froito da colaboración das tres empresas, conseguiu acadar velocidades máximas en sentido ascendente de até 273 Mbps, unha cifra bastante superior ao promedio de 100 Mbps que se obtén actualmente.

Para facelo posíbel, empregáronse as novas redes 5G Stand Alone (5G SA ou 5G+) de Vodafone, tanto en Alemaña con no Estado español (de momento, en probas no programa CREATE – Ciudad Real España Advanced Testing Environment), xunto cun novo dispositivo de Xiaomi (aínda non presentado) equipado co procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3.

Grazas a estas melloras, as usuarias poderán reducir os tempos necesarios para cargar arquivos á rede, tanto ás redes sociais como outras aplicacións que puideran facer uso desta canle de comunicación.

Sobre o autor

Reply