O Pixel Watch 3 de Google chegaría en dous tamaños para competir con Samsung

Só pasaron tres meses desde o lanzamento do Pixel Watch 2, o reloxo intelixente de Google máis recente que podemos mercar. Porén, xa se comeza a falar do que será o seguinte modelo, o Pixel Watch 3, previsto para o mes de outubro.

Tanto no primeiro como no segundo modelo da serie Pixel Watch, Google apostou por ofrecer un único tamaño de 41 mm. (1,2 polgadas), o que se ben é certo que simplifica as opcións á hora de escoller, tamén limita as posibilidades de optar por un dispositivo que se adapte mellor aos nosos gustos ou necesidades. Por exemplo, Samsung, no seu último modelo Watch 6 ofrece dous tamaños, 40 e 44 mm.

Segundo apuntan varios rumores, este ano Google estaría traballando para resolver esta eiva, ofrecendo dous tamaños, e ao tempo, parando as críticas que colleitou tras o último lanzamento entre as persoas que esperaban un modelo cunha esfera maior.

Teremos que agardar aínda unhas cantas semanas para que comecen a aparecer datos máis concretos que nos permitan coñecer o alcance das novidades coas que Google ten previsto sorprender este ano.

Sobre o autor

Reply