realme anuncia o novo realme C67 con cámara de 108 MP

Logo de ter superado a cifra simbólica dos 100 millóns de envíos, a serie C de realme dá a benvida a un novo membro, o realme C67, que se porá á venda no noso país o próximo 7 de febreiro. Trátase dun modelo que supón unha mellora do produto máis vendido da compañía no ano 2023, o C55, agora cunha versión actualizada.

Este novo modelo incorpora un panel LCD de 6,72 polgadas con resolución Full HD+ (2400 x 1080 píxeles) e taxa de refresco de 90 Hz e un brillo máximo de 950 nits. No seu interior incorpora un procesador Qualcomm Snapdragon 685, xunto con 8 GB de memoria RAM e opcións de 128 ou 256 GB, en ambos os dous casos ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 2 TB.

O fabricante destaca as súas capacidades fotográficas, cunha cámara principal formada por un sensor de 108 MP complementado cun segundo sensor macro de 2 MP. A cámara frontal é de 8 MP.

A batería sitúase nos 5.000 mAh de capacidade, con carga de 33W, e a súa conectividade vén dada por 4G, Bluetooth 5.0 e WiFi 6, ao que hai que sumar un conector de audio jack 3.5 mm e o USB tipo C. Como sistema operativo emprega Android 14, coa interface realme UI.

Dispoñibilidade e prezo

Como avanzamos ao comezo do artigo, o novo realme C67 estará dispoñíbel a partir do 7 de febreiro, e poderase mercar en dúas cores: Sunny Oasis (verde amarelento) e Black Rock (negro). O seu prezo aínda non foi desvelado.

Sobre o autor

Reply